Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ASCEL e a FEG rexeitan as denominadas competicións deportivas nas que se matan raposos indiscriminadamente e na que se produce o abatemento ilegal de lobos

As malas prácticas da xestión da caza en Galicia poñen en risco a conservación da poboación lobeira

 A Asociación para a Conservación e estudio do lobo Ibérico (Ascel) e a Federación Ecoloxista Galega denuncian la celebración durante o mes de xaneiro e febreiro dos campionatos de raposo, nunha modalidade de práctica que amosa a anacrónica e insostible maneira de levar adiante un aproveitamento cinexético.

Asociación para o estudo do lobo ibérico (ASCEL), Federación Ecoloxista Galega (FEG) - 18:06 19/01/2009
Tags:

Cuestionamos o aparente control que se lle pretende dar, tanto dende a administración coma dende as entidades organizadoras, ao desenvolvemento destes eventos, nos que se constata que a vixiancia queda practicamente suxeita ao que dispoñan os organizadores e a administración relega o control e inspección das mesmas a unha mera presenza testemuñal. O número de cazadores presentes nunha destas xornadas (ata 800) dispara a presión sobre a fauna salvaxe, a cotas desproporcionadas que escapan a calquer modo de xestión sostible da caza, con resultados sobre outras especies, caso do lobo, de impacto moi grave.

 Descoñécese o número de lobos abatidos ilegalmente durante o desenlace destas competicións e/ou no milleiro de batidas de xabaril e raposo que se autorizan cada ano, pero é voz populi entre o colectivo de cazadores este feito, e no que incluso moitos se xactan destas prácticas, chegando ademais ata aproveitarse as cabezas para trofeos. 
 (Aparecen tres lobos decapitados en montes do Concello de Rodeiro.[10/02/06])  Lobos decapitados en Rodeiro (pontevedra) 02/06

Dende ASCEL e a FEG observamos que o futuro a dez anos da conservación da poboación lobeira é pouco prometedor, xa que continúa como aconteceu no ano 2008 unha alta taxa de mortalidade en todo o territorio. O furtivismo e o veleno no son siquiera perseguidos. Se dende a administración galega, e en particular a Consellería de Medio Ambiente, se continúa coas mesmas maneiras de xestión da fauna salvaxe galega e da caza, o novo Plan de Xestión do lobo da Xunta estará abocado ao fracaso.

A base de datos de ASCEL de lobos mortos en Galicia na última década supera de largo a centena de exemplares, cifra desoladora se temos en conta que a recompilación destes datos non cubre o total dos casos que se coñecen.

Dende ASCEL e a FEG solicítase á Consellería de Medio Ambiente que poña fin ás competicións "deportivas" onde se matan animais; un control rigoroso na vixilancia da actividade da caza; e unha implicación decidida e dilixente na conservación do lobo.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: