Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Hai, polo menos, dúas ducias e feridos

Morren sete persoas nun atentado suicida en Kabul

A explosión produciuse perto dunha base militar dos EUA e da embaixada alemá.

Redacción - 09:27 17/01/2009

A falta de ter máis datos, o exército estadounidense informou que, polo menos unhas sete persoas faleceron, e outras 23 quedaron feridas nun atentado suicida con coche bomba, acontecido en Kabul (Afganistán), moi perto da embaixada alemá, unha base militar dos EUA e o pazo de presidencia do Afganistán.

Entre as vítimas mortais atópanse tres soldados de estadounidenses, segundo fontes militares. A zona atópase acordoada e é obxecto dunha investigación, por parte das forzas de seguridade, para esclarecer o acontecido.

O pasado mes de novembro, catro civís morreron e outras 15 persoa foron feridas nun atentado suicida rexistrado perto da embaixada dos EUA en Kabul, e en xullo de 2008, 58 persoas, entre elas dous diplomáticos, perderon a vida nunha explosión semellante á deste sábado, ante a embaixada da India.

Máis información:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: