Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NSAIO XERAL

Compostela acolle a gran festa da música emerxente

O instituto Rosalía de Castro acollerá este sábado a máis de 100 grupos que optarán a concertos e outras moitas oportunidades de promoción.

Redacción - 11:50 16/01/2009
Cartaz do Nsaio Xeral

Cartaz do Nsaio Xeral

A iniciativa Nsaio, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, dará este sábado un novo paso a prol da música emerxente do país. O Nsaio Xeral permitirá a 103 grupos chegados dos diferentes recunchos da xeografía galega optar a 24 concertos do programa Vai de Camiño e oito da Rede Galega de Música ao Vivo. Ademais, terán a oportunidade de entrar en contacto cos axentes económicos adicados á produción e difusión musical que operan en Galiza.

O reparto destes premios realizarase mediante un cásting, onde os grupos presentarán cadansúa proposta con pequenas exposicións. Estas presentacións terán unha duración prefixada e usarán como soporte os espazos que cada un deles teñen na páxina web Nsaio.org.

Aposta pola formación
Alén da promoción, a Dirección Xeral de Xuventude quere usar este evento para seguir traballando na formación dos músicos. Con esta idea celebraranse seis obradoiros ao longo do día impartidos por profesionais das diferentes areas de traballo que se estudarán.

Peche de festa cuns grandes concertos
A clausura da festa da música tiña que estar á forza protanizada polos propios grupos, e así será. Os concertos serán abertos a todo o público, dentro do propio instituto, e comezarán ás 19.00 horas. Tocarán Chámalle Xis, Mito Crónico, Ruxe Ruxe e Equilibrio H.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: