Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Reactívase o conflito

Rusia acusa Ucraína de bloquear a subministración de gas

Gazprom, que reactivara a distribución este martes pola mañá, denuncia que se está a bloquear o seu transito cara á UE.

Redacción - 17:45 13/01/2009

O vicepresidente de Gazprom, Alexandr Medvedev, denunciou que Ucraína "bloqueou todas as nosas accións para o tránsito de gas", logo de reactivar as subministración este martes pola mañá tal e como se acordara entre as parte en conflito e a UE.

Medvedev asegurou que "non temos posibilidades físicas para efectuar o tránsito do gas polo territorio de Ucraína", á que achacou "toda a responsabilidade", xa que "non abriu o gasoduto" para a súa distribución.
Ademais, acusa o goberno de Kiev de reorientar o seu sistema de transporte para o consumo interno.

Pola súa banda, a compañía estatal ucraína, Naftogaz, denunciou á súa vez que Gazprom avisou no último momento do volume do gas que se propón bombear e a dirección do tránsito, distinta á habitual e que crea problemas para o abastecemento interno.
 
A actitude de Moscova, consideran dende Ucraína, "é unha provocación que busca pór en dúbida o seu prestixio como transportador fiábel" de enerxía.

Dirixentes europeos, rusos e ucraínos emprenderon consultas telefónicas para esclarecer a situación, mentres as exportacións a Europa continúan cortadas por sétimo día consecutivo.

Ademais, a Comisión Europea denunciou que os seus observadores teñen problemas de acceso a varios puntos de Ucraína e Rusia para supervisar o tránsito de gas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: