Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

Na campaña do PP na emigración, Fraga en espírito

Seica tanta pegada deixaron as viaxes do ex presidente da Xunta, que o PP decidiu incluílo nos carteis electorais cara ás eleccións.

Redacción - 14:10 13/01/2009

A Alberto Núñez Feijoo saíulle un compañeiro de viaxe inesperado na campaña electoral. Na bitácora de Blas García recóllense imaxes tiradas a pé rúa en Arxentina onde pode verse carteleiría electoral que o PP despregou xa por aquelas terras.

A sorpresa é a aparición do ex presidente da Xunta e antigo líder do PP en Galiza, Manuel Fraga, utilizado como reclamo electoral principal e compartindo protagonismo co actual líder do partido na publicidade do Partido Popular dirixida aos votantes no exterior. Nas imaxes, expostas en valados e buses, pode verse un Fraga con aparencia ben máis moza que nas estampas actuais que del existen departindo amistosamente co actual líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo.


3,22/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fraga e Feijoo nos carteis electorais en Arxentina baixo o lema "Chegou o momento"
Fraga e Feijoo nos carteis electorais en Arxentina baixo o lema "Chegou o momento"
imaxe de arquivo: Fraga e Miras Portugal no Centro Galego de Bos Aires durante unha entrega de talóns (7-11-2003)
imaxe de arquivo: Fraga e Miras Portugal no Centro Galego de Bos Aires durante unha entrega de talóns (7-11-2003)