Asegura que as súas enquisas indican que o PPdeG é a primeira forza entre a xnete nova por vez primeira en moitos anos.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este domingo na reunión con alcaldes, portavoces e presidente locais do seu partido en Santiago que "é un obxectivo irrenunciábel subir voto nas catro provincias e concellos; gañar nas catro provincias e asegurar 39 escanos, sen renunciar a acadar máis". Os populares galegos afirman que o bipartito "fixo as cousas mal, rematadamente mal".
Feijóo afirmou que as sensacións sociais que reflicten as enquisas afirman que a maioría dos cidadáns cren que o PPdeG é o mellor equipo para xestionar a economía e o emprego, que son os problemas máis xeneralizados na sociedade galega e; máis dun 60% dos galegos cren que é preciso un cambio de goberno. Ademáis, "por primeira vez en máis dunha década, o PPdeG é a primeira forza escollida polos xóvenes e polos novos votantes, un sector que noutras eleccións non soubemos coidar".