Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Web electoral oficial

"Sknos d PP en Ourns", o 1M vía SMS

Mentres a tecnoloxía e a burocracia segue bloqueando o voto emigrante en urna, preséntanse outros avances: recepción dos resultados no móbil.

Redacción - 11:15 09/01/2009

É unha das novidades achegadas este venres ao tempo que se presentou a web electoral oficial das eleccións 2009 en Galiza. Mediante o envío dun SMS durante a xornada electoral, os cidadáns que o desexen poderán recibir no seu móbil avances do reconto provisional dos votos durante a noite do próximo 1 de marzo. O SMS conterá a porcentaxe de escrutinio, a porcentaxe de abstención e o número de cargos obtidos por cada candidatura.

O sitio posto en marcha esta semana pola Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza inclúe información práctica para os electores, datos sobre o proceso electoral, resultados anteriores e calendario do proceso. No apartado de Información ao elector inclúense datos sobre a acreditación do dereito a voto, os métodos de votación: presencial, por correo, accesíbel, do electorado temporalmente no estranxeiro, dos inscritos no censo especial de residentes ausentes no estranxeiro, do persoal embarcado ou en situacións excepcionais e dos electores en penitenciarías, as mesas e locais.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: