Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
iTunes baixa prezo e suprime o anticopia

Música "libre": máis exemplos para a reinvención da industria

O disco máis vendido en 2008 na tenda de Amazon era de igual xeito accesíbel vía P2P baixo licenza Creative Commons.

Redacción - 13:45 07/01/2009

Vai para un ano que Nine Inch Nails puxo na rede o álbum Ghosts I-IV (Halo 26), tres ducias de temas instrumentais divididas en catro partes. A produción foi posta na rede polo grupo baixo unha licenza Creative Commons que permite a súa distribución, copia e edición sen fins de lucro. Pode atoparse de xeito doado nas redes P2P e descargase con aplicacións como BitComet ou Azureus.

Paradoxalmente, e malia que o líder do grupo Trent Reznor tense amosado escéptico sobre as posibilidades das novas tecnoloxías para o impulso dos proxectos musicais, a libre dispoñibilidade do disco non foi problema para que o traballo brincase forte nas listas de vendas. Así, na peneira de vendas da tenda de Amazon en 2008, o disco chimpou ao primeiro posto.

En caso parecido está o traballo In Rainbows, de Radiohead, posto na rede libremente durante un período limitado a finais de 2007. A súa difusión en liña non foi obstáculo para que tamén proporcionase gorentosos beneficios nas e-tendas.

iTunes baixa prezos e elimina a protección anticopia
Por outro lado, contámoslles que outro dos exemplos existosos da reivención da industria musical, a tenda en liña de Apple, ofrece novidades. No escenario da MacWorld anunciouse o recorte dos prezos na descarga de cancións, que estarán accesíbeis desde 0,69 euros.

A outra novidade de importancia é que a maioría do catálogo, de 10 millóns de temas, estará dispoñíbel en alta calidade e en formato iTunes Plus libre do DRM (Digital Rights Management). O paso, segundo explican desde Apple, foi posíbel grazas ao acordo cos catro principais xigantes discográficos: Universal Music Group, Sony BMG, Warner Music Group e EMI e diversas compañías independentes.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: