Ese día nas vilas de Xinzo da Limia (Ourense), Silleda, Lalín, Vila de Cruces (Pontevedra, Bergantiños, Sofan, Dumbría, Corme e Carballo (Coruña) realizaranse os “campionatos provinciais” aos que seguirán, nas semanas posteriores, o “campionato galego” e o “campionato nacional”. Centos de víctimas.
Esta crueldade, incomprensiblemente, está considerada como deporte e organízao a Federación Galega de Caza que conta co apoio e luce os logotipos, de “Deporte Galego”, “Consellería de Cultura e Deporte” e “Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible”.
Na actualidade supón un suceso inédito no mundo, vetado nas demais Comunidades autónomas, polo que se realiza sempre en Galiza, lugar onde os terreos de caza non reportan beneficio algún aos seus propietarios, o que permite realizar estas actividades perniciosas ao custe de 30 Euros (“cea incluída”).
Ademais de súa evidente crueldade, que ocasiona o rexeitamento maioritario da sociedade galega, constitúen un perigo e un fraude á tempada oficial de caza, un desequilibrio nas colonias deste animal e un paso mais na desaparición das especies silvestres en Galiza, orixinada polo exceso de caza.
Son tamén unha inaceptable agresión á sensibilidade e aos dereitos dos demais cidadáns que desexamos admirar estes animais, libre e no seu medio, pero que son abatidos e logo tirados no lixo, para diversión de uns poucos e insensibles individuos.
Esiximos á Consellería de Medio Ambiente que prohiba estas agresións ao noso medio e a nosa fauna e que proceda a investigar as irregularidades nos censos de caza, reiteradamente denunciadas sen resultado, e que son a base desta actividade.
Esiximos á Consellería de Cultura e Deporte que anule a normativa e subvencións que elevan unha actividade depredadora e sobre explotada, como é a caza, a categoría de “deporte de competición”, co conseguinte incentivo e agravamento dos seus efectos perniciosos.