Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
CHÁVEZ CUALIFICA DE COVARDE AO EXÉRCITO ISRAELÍ

Venezuela expulsa á misión diplomática israelí acreditada en Caracas

Ao presidente de Irán, Mahmud Ahmadineyad, acúsano de ser un xenocida, pero non hai unha soa proba; a Fidel acúsano de ser un tirano que persegue os pobos. Ah, non!, o de Israel é un señor que está defendendo ao seu pobo declarou o presidente Hugo Chávez. O Goberno decidiu expulsar ao embaixador isreelí e outros funcionarios da embaixada en Caracas de territorio venezuelano.

Xurxo Martínez Crespo - 10:52 07/01/2009

Presidente Chávez cualifica como covarde ao Exército israelí

O primeiro ministro de Israel, ao igual que o de EUA deberían ser levados á Corte Penal Internacional. O presidente venezuelano ratifica o seu chamado a que os países do mundo esixan a Israel o cesamento dos bombardeos contra a Franxa de Gaza.
 

"Se houbese vergoña no mundo, o presidente de Israel debería ser levado á Corte Penal Internacional xunto co presidente de Estados Unidos
", sinalou o xefe de Estado venezuelano, Hugo Chávez, onte martes durante un percorrido que fixo polo Hospital Cardiológico Infantil Latinoamericano Dr. Gilberto Rodríguez Ochoa.

A propósito da visita que fixo a este hospital infantil, creado polo Goberno no ano 2006, o presidente perguntou a modo de reflexión: "Canto estarán sufrindo os nenos palestinianos? E se fora o teu fillo baixo bombas noite e día? Onde se agochan as mulleres cos nenos e cos anciáns?".

Por estas accións de agresión inxustificábeis cualificou como "covarde" ao Exército israelí. "Bombardean pobos inocentes. Madialeva, que valente é o Exército de Israel! E un ve sectores que calan covardemente perante tamaña evidencia. Os que me acusan a min de ser un tirano e un xenocida, incluso os que foron a denunciarme á Corte Penal Internacional, que non teñen nin unha soa proba nin a terán", agregou.

Estabeleceu unha comparación. "Ao presidente de Irán, Mahmud Ahmadineyad, acúsano de ser un xenocida, pero non hai unha soa proba; a Fidel acúsano de ser un tirano que persegue os pobos. Ah, non!, o de Israel é un señor que está defendendo ao seu pobo".

Considera que estas condutas expresan o cinismo que hai no mundo. "Xa que logo nada mellor que chamar ao mundo a verse no corazón dos nenos, á verdade e a respectar as leis internacionais".

Comunicado do Ministerio de Relacións Exteriores de Venezuela

 
O Goberno da República Bolivariana de Venezuela presenza unha vez máis, xunto aos Pobos do mundo, o horror da morte de nenos e mulleres inocentes, produto da invasión da Franxa de Gaza por tropas israelís, e do bombardeo inclemente que, desde ceo e terra, descarga sistematicamente o Estado de Israel sobre territorio palestiniano.

Nesta hora tráxica e indinante, o Pobo de Venezuela manifesta a súa solidariedade irrestrita co heroico Pobo palestiniano, comungga na dor que embarga a milleiros de familias pola perda de seres queridos, e lles tende a man ao afirmar que o Goberno venezuelano non descansará até ver severamente castigAdos aos responsábeis destes crimes atroces.

O Goberno da República Bolivariana de Venezuela condena categoricamente as flagrantes violacións do Dereito Internacional nas que incorreu o Estado de Israel, e denuncia a súa utilización planificada do terrorismo de Estado, co cal este país se colocou á marxe do concerto das Nacións.

Polas razóns antes mencionadas, o Goberno da República Bolivariana de Venezuela decidiu expulsar ao embaixador de Israel e parte do persoal da embaixada de Israel en Venezuela, reafirmando a súa vocación de paz e a súa esixencia de respecto ao Dereito Internacional.

O Goberno da República Bolivariana de Venezuela instruiu á súa Misión diante da ONU para que, xunto á maioría de gobernos que así o esixen, se presione para que o Consello de Seguridade aplique medidas urxentes e precisas para deter esta invasión do Estado de Israel contra o territorio palestiniano.

O presidente Hugo Chávez, quen mantivo xuntanzas con altos representantes do Consello Mundial Xudeu e sempre se opuxo ao antisemitismo como a calquera tipo de discriminación e de racismo, fai un chamado fraterno ao pobo xudeu através do mundo para que se opoña a estas políticas criminais do Estado de Israel que lembran as peores páxinas da historia do século XX. Co xenocidio do Pobo palestiniano, o Estado de Israel nunca poderá ofrecerlle ao seu Pobo a perspectiva dunha paz tan precisa como duradeira.

Caracas, 6 de xaneiro de 2009
Ministerio do Poder Popular para as Relacións Exteriores


4,33/5 (6 votos)