Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Certame de vídeo do partido

Un militante do PP pontevedrés gaña o concurso "Come con Rajoy"

"A voz da rúa" é o título da peza dun minuto que lle valeu a Gregorio Andión un xantar co líder do PP.

Redacción - 09:00 07/01/2009

"Ofrécense dous puntos de vista sobre a crise económica: o das portadas da prensa e o dos cidadáns, recollendo declaracións onde se fala de falta de previsión, inflación, falta de confianza, veracidade ou poder adquisitivo", explicaba esta semana o vicesecretario de Comunicación do PP, Esteban González Pons, sobre o vídeo premiado, "todas estas cousas son palabras que antes non aparecían nas conversacións nos mercados ou bares e que agora son cada vez máis habituais", insistiu Pons.

A micropeza, titulada A voz da rúa, foi enviada por Gregorio Andión, na rede poden ver a súa traxectoria no PP pontevedrés, e recolle comentarios de veciños da cidade. Andión gañou así o concurso de vídeos "Come con Rajoy", e será obsequiado cun xantar a conta do seu partido e á beira de Mariano Rajoy.


1/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: