O partido que dirixe Francisco Rodríguez mostra a súa hexemonía ao situar dous militantes como cabeza de cartel e outros tres en segundos postos.
Tal e como se agardaba, as dúas grandes liñas políticas do BNG (a UPG e o denominado “quintanismo”) coparán as listas ao Parlamento. A Executiva Nacional aprobou este sábado uns nomes que deberán referendar agora as asembleas comarcais (onde non se agardan cambios). Nas candidaturas destaca a presenza de cargos do Goberno (todos os conselleiros agás a de Cultura, Ánxela Bugallo) e unha medida distribución territorial.
A UPG mostra internamente a súa musculatura. O partido que dirixe Francisco Rodríguez sitúa dous cabezas de lista (Fernando Blanco e Suárez Canal) e posiciona outros tres militantes en segundos postos (Ana Pontón, Henrique Viéitez e Tareixa Paz). Unha análise en clave interna de todas as candidaturas mostra unha lixeira vantaxe da UPG sobre o denominado “quintanismo” (un conglomerado que engloba organizacións autónomas como o PNG-PG, Inzar e o Espazo Socialista Galego).
Pola súa parte, os denominados sectores críticos (Encontro Irmandiño e Movemento pola Base) fican completamente excluídos das listas. A corrente liderada por Xosé Manuel Beiras propuxo oito nomes (ligados a unha proposta programática de mínimos) que finalmente non foron aceptados internamente.
A Coruña
O líder do BNG, Anxo Quintana, encabezará a circunscrición coruñesa. Na lista proposta pola Executiva figuran logo, por esta orde: Ana Pontón (Compostela); Carlos Aymerich (A Coruña); Ana Luísa Bouza (A Coruña); Fernando Blanco Parga (Ferrolterra); Pura Ferreño Fraga (Betanzos); Manuel Antelo Pazos (Terra de Soneira); Dominga Brión (Barbanza); Xosé Regueira Varela (Bergantiños); Charo Fernández Velho (Ordes); Manuel González López (Muros-Noia); Anabel Ramos Rúa (Arzúa-Melide); Armando Carril Casanova (Arzúa-Melide); Xulia Guntín (Compostela); David Pena Díaz (A Coruña); Rita Couto Seixido (Fene); Iago Varela Martínez (Ferrolterra); Ana Vérez Gómez (Ferrol); Ramón Veras Castro (A Coruña), Dores Torrado Ares (Boiro); Óscar Ínsua (Corcubión); Ánxela Franco (Porto do Son); Mercedes Vidal Baamonde (Ames) e Pablo González Mariñas (A Coruña) .
Pontevedra
A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas (quintanista), lidera a lista por Pontevedra. A continuación figuran os seguintes nomes: Henrique Viéitez Alonso (Vigo); Carme Adán (Vigo); Bieito Lobeira (Marín); Carme Dasilva (Pontevedra); Xosé Ramón Paz Antón ( O Condando); Montse Prado Cores (O Salnés); Roberto Mera (O Condado); Iria Aboi (O Morrazo); Xosé Manuel Méndez Díaz (Baixo Miño); Susana Rodríguez Cambón (Deza); Roberto Fernández Lores ( O Salnés); Margarida Caldas Moreira (Pontevedra); Xosé Manuel Martínez Ollea (Mos); Marta Dacosta Alonso (Vigo); Uxío Piñeiro Costa (O Morrazo); Cristina Fernández Piñeiro (Gondomar); Alberte Maceira (Deza); Elsa Quintas (Vigo); Ramón Mouriño Alfonso (Ribadumia); Ánxela Sobral (Soutomaior); e Modesta Riobó (Moaña).
Lugo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco (UPG), será o primeiro da lista por Lugo. Logo del figuran: Isabel Sánchez Montenegro (Lemos); Manuel Parga (A Mariña); Esther López Rodríguez (Terra Chá); Balbino Fernández López (A Mariña); Cristina Ferreiro López (Lugo); Xosé Manuel Becerra Pardo (Baralla); Dores Fernández Abel (A Mariña); Xosé Antón Ledo Pan (Taboada); Lucía López Sobrado (Sarria); Xerado López Henríquez (A Mariña); Pilar Prieto Pita (Terra Chá); Xosé Chorén Vázquez (Lugo); Pilar López Martínez (Lemos); e Francisco Rodríguez Guerreiro (A Mariña).
Ourense
O titular de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal (UPG), é o elixido para capitanear a circunscrición ourensá. Detrás estarán na lista: Tareixa Paz (Barbadás); Iago Tabarés (Ourense), Isabel Gacio Pacios (Valdeorras); Anxo Collarte ( O Ribeiro); Tareixa Devesa Graña (Allariz); Óscar Núñez Álvarez (Monterrei); Concha Branco Piñeira (Monterrei); Manuel Amil Otero (O Carballiño); Alba Feixoo López (Allariz); Leopoldo Rodríguez Puga (Celanova); Marta Arribas González (Ourense); Ramiro Sánchez (O Carballiño); e Susana Méndez Rodríguez (Valdeorras).