Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
35 CABODANO DO PINTOR

Lugrís, sempre no corazón do océano

Antón Patiño publica unha biografía do pintor coruñés, baixo o título de 'Viaje al corazón del océano'.

Redacción - 10:30 26/12/2008

A edición de Viaje al corazón del océano coincide tamén co centenario do nacemento de Urbano Lugrís. Patiño homenaxea a Lugrís, un dos artistas galegos máis orixinais, pero tamén ao seu propio pai, amigo persoal de Lugrís. O libro é a culminación de quince anos de investigación e constitúe unha achega interdisciplinar ao pintor coruñés: ensaísta da historia da arte, pintor, poeta... Repasa toda a creación de Lugrís, desde as súas pinturas e debuxos ata os seus deseños para libros e revistas e os seus textos literarios, así como aproximacións que os críticos deixaron da súa obra.

A obra, editada pola editorial Nigratrea, é unha revisión ampliada e en castelán da obra en galego que o pasado ano editara con Edicións do Castro. Como peculiaridade, presenta o primeiro poema de Urbano en galego, do ano 1930, unha incorporación que non figuraba no libro anterior.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: