Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DISCO DE REMESTURAS

Ataque Escampe 'es una fiesta'

Marcos Payno (Matraca Perversa, Galegoz...) fixo a 'relectura' de cinco dos temas de 'Galicia es una mierda'.

M.S.P. - 11:00 26/12/2008

Anakiro Toriyama

Canción para pechar a parte de abaixo de Ruta

E Ataque Escampe decidiron bailar. Non bailan reaggeton, claro, que xa dixeron 'nunca mais'. Colleron cinco dos temas do seu primeiro álbum longo, Galicia es una mierda (A Regueifa Plataforma), publicado en febreiro, e puxéronlles una bola de discoteca. Marcos Payno (Matraca Perversa, Galegoz, Glamour Grotesque, Xenreira...) é o responsábel destas remesturas, que se presentan baixo o título de Galicia es una fiesta. O ep pódese descargar de balde na páxina da Regueifa.

Está o tema que lle dá título ao álbum (trasunto do orixinal Galicia es una mierda), e tamén Anakiro Toriyama (Akira Toriyama), 3 bailes con Lenin (Tres cantos a Lenin), Nadina en Bristol (Nadina) e a Canción para pechar a parte de abaixo do Ruta (Canción para pechar o Ruta). Payno, A.K.A. Dr. Painkiller, iniciou esta colaboración dos Ataque Escampe durante o traballo de produción do tema Ningún lugar seguro, gravado para unha compilación de Edicións do Cumio a partir do poema Os Amantes de Antón Lopo.

Non é reaggeton, máis ben son cinco temas para pechar a pista de abaixo do Ruta. Pés que voan. Os brancos tamén levan o ritmo no corpo, aínda que non veñan da cabana do Tío Tom e teñan televisión. Bailar este Nadal, á espera do novo disco da banda, no que xa traballan e que veremos nos vindeiros meses. Un álbum, din, que será máis festivo e evasivo.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: