Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
GORETTI DONAIRE

"Xogamos ao mesmo que un home e cobramos unha merda"

A xogadora da selección catalá cumpre a súa terceira tempada militando na Unión Deportiva Levante.

Pablo García Martínez - 10:00 28/12/2008
Goretti coa camiseta do seu equipo

Goretti coa camiseta do seu equipo

Vieiros falou con Goretti Donaire, ca intención de acadar máis puntos de vista que nos permitan unha maior aproximación ao fútbol feminino. Con 26 anos de idade Goretti é toda unha veterana na Superliga, onde participou en todas as súas edicións, máis aínda lle moito que dicir neste deporte.

Como avalías o equipo galego?
A verdade é que non sei moito del. As xogadoras que máis coñezo son Mari Paz Vilas e Verónica Boquete, que están na Superliga e son dúas grandes xogadoras.

Un dos maiores debates que houbo aquí o ano pasado veu dado polo feito de levar a xogadoras de moitos clubs diferentes, no canto de levar ás da división máis alta. Que pensas sobre esta discusión?
Non me gusta que leven ás xogadoras da segunda división, no canto de levar ás da Superliga. Non entendo moi ben a motivación desta situación.

Pensas que algún día veremos a Galiza ou Cataluña competindo nun mundial?
Véxoo difícil, porque o fútbol feminino vai moi lento. Oxalá puidésemos competir nunha mesma competición Mali, Galiza e Euskadi, por exemplo.

Vai lento, pero supoño que notarías algúns cambios para mellor dende que o practicas, non é?
Claro que noto a evolución, mais é moi lenta. Eu Comecei no Barcelona con 8 anos e o único que nos daban era o chándal, pagabamos nós o campo. Ca chegada do novo presidente as cousas mudaron nese equipo e tamén noutros moitos. Nós sacrificamos moito ao compaxinar o adestramento co estudio e o traballo. Xogamos ao mesmo deporte que un home e cobramos unha merda, entón sabemos que isto remata e despois teremos que procurar un traballo ou facer unha carreira fóra do fútbol. Isto pasa no fútbol e noutros moitos deportes. Para que te fagas unha idea, o ano pasado gañamos a liga e non saímos nin un minuto na televisión. Está claro que facemos isto por paixón.

Que opinión tes da tendencia á prexubilación que estableceu no fútbol feminino o feito de que, antigamente, non puiderades participar coas seleccións da vosa terra a partir dos 26 anos?
Iso é así, pero despois o adestrador estatal chama para o seu equipo a xogadoras de 30 anos. Eu penso que con 26 ou 27 anos estamos na nosa madurez futbolística e por iso non entendín nunca que se fixeran esas divisións por idades.

Se tiveras que elixir entre que o 75% das xogadoras da Superliga sexan profesionais e ver á selección catalá xogando un mundial con que te quedarías?
Elixiría sen dúbida algunha que o 75% das xogadoras da Superliga podan vivir de isto profesionalmente.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: