Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
POR PREVARICACIÓN

Ano e medio de cárcere para o ex alcalde de Gondomar

A sentencia considera probado que as xuntas de goberno local outorgaron preto de 40 licenzas malia saber que as normas non eran aplicábeis.

Redacción - 19:00 23/12/2008

O Xulgado do Penal Número 2 de Vigo xa ditou sentencia: o ex alcalde de Gondomar, Xosé Carlos Silva (PP), e cinco concelleiros que formaban parte da súa comisión de goberno foron condenados a un ano e medio de prisión por un delito de prevaricación urbanística cometido de xeito continuado. Ademais, os seis estarán inhabilitados para o exercicio do cargo municipal durante oito anos (son Xosé Carlos Silva, Xosé Luis Mosquera, Anxo Gregores, Xaime Rial, Abelardo Meneses e Xosé Misa, ademais do ex rexedor).

Ilegalidades cometidas de xeito consciente
O fiscal acusábaos de ter outorgado licenzas entre o 7 de decembro de 2005 e o 17 de xaneiro de 2006, malia que o Plan Xeral de Ordenación Municipal fora anulado polos tribunais. A sentenza, que poderá ser recorrida nun prazo de 10 días, considera que malia coñecer o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) que suspendía de xeito cautelar o acordo plenario do concello de Gondomar no que se pretendía adaptar o PXOM á legalidade, as xuntas de goberno local decidiron outorgar preto de 40 licenzas. É dicir, o xuíz entende que as persoas responsábeis de aprobalas tiñan coñecemento de estar cometendo unha irregularidade.

Doutra banda, o maxistrado asegura que "a ocultación de información" foi consciente e coa clara finalidade de seguir outorgando licenzas ao amparo da normativa legal. Non se sostén así, que os acusados desen o visto bo ás autorizacións de obras en base aos informes técnicos dos funcionarios, como alegou a defensa, xa que estes traballadores descoñecían o auto de suspensión.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: