Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nostálxicos da monarquía

A "Casa Real" portuguesa, proselitismo en liña

"Informar e crear proximidade" entre os monárquicos é o obxectivo do espazo oficial en internet.

Redacción - 12:30 23/12/2008

Unha bitácora de antigüidades e arqueoloxía era a primeira entrada que até hai pouco lles podía aparecer logo de introducir nun motor de busca a combinación "familia real portuguesa". Aló contábannos da poxa aberta sobre un conxunto de pezas históricas da época do "Brasil Imperial", coincidindo co aniversario da chegada da familia real portuguesa a Brasil.

Agora, a chamada Casa Real Portuguesa abre espazo de seu na rede. Case un século despois da introdución da República en Portugal, os membros da familia da Casa de Bragança que reivindican o trono e a denominación "real", expoñen entre outros a argumentación pola cal Dom Duarte Nuno afirma ser o herdeiro do último rei de Portugal, Dom Manuel II, quen morreu no exilio en 1932.

"Nestes dominios as Monarquías da Europa e do Mundo teñen dado probas de eficacia a través de unha proximidade cos pobos, enriquecendo as democracias contemporáneas, no respecto pola dimensión onde se inscribe a existencia humana (...) Penso que Portugal, tamén se beneficiaría desta vantaxe e este espazo tamén abordará estas problemáticas, ben como outras que me queiran facer chegar", asina Duarte.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: