Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Sen alta médica

Oubiña non chegará a tempo para o día da Irmandiña

Noguerol, Rubén, Lago e Trashorras serán o cuarteto celtista na selección nacional. O cadro médico recomendou que Borja Oubiña non salte ao campo.

Redacción - 11:35 23/12/2008

"Galiza daría guerra nun Mundial", contaba para Vieiros un animado Borja Oubiña hai poucos días. O medio centro vigués subliñaba a "ilusión e orgullo" coa que vivía a oportunidade de saltar ao campo de Riazor coa Irmandiña o vindeiro sábado 27.

Pero finalmente non poderá ser. A recuperación da lesión sufrida polo xogador requirirá, segundo comunicou este martes o clube, de máis tempo para "afinar a preparación" antes de afrontar o reto competitivo. "Acumula unha longa inactividade despois da súa grave lesión", insisten desde o Celta, recordando que a integración de Oubiña na disciplina do cadro celeste viña sendo moi gradual. "Esta tempada disputou unicamente sete minutos nun partido de Liga", afirman. Con todo, confían desde o Celta en que Borja Oubiña "dispoña no futuro de moitas máis oportunidades de xogar coa Selección Galega".


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: