Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Terceira semana de protestas

As enquisas prognostican a viraxe política en Grecia

Camiño dun mes desde o inicio dos disturbios a pé de rúa, a oposición socialista chimpa nas sondaxes moi por riba dos conservadores.

Redacción - 09:00 22/12/2008
A pé de rúa en Atenas / Imaxe: Indymedia

A pé de rúa en Atenas / Imaxe: Indymedia

Até seis puntos de vantaxe acumularía o Pasok, actualmente na oposición, de celebrárense agora eleccións lexislativas en Grecia. A tendencia avalárona esta fin de semana diversos diarios gregos, ao tempo que especulaban con que eses comicios, previstos para dentro de tres anos, puideran adiantarse á luz da actual crise no país.

Así, e malia o descenso dos episodios violentos nas rúas os últimos días, o executivo conservador liderado por Constantinos Caramanlis perde apoio vertixinosamente entre a sociedade. Con todo, e malia a presión recibida estes días, a formación gobernante Nova Democracia insiste en que non haberá convocatoria electoral a curto prazo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: