Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 11 AO 16 DE FEBREIRO

A presenza galega en ARCO 2009 redúcese a tres galerías

As viguesas Adhoc e Bacelos e a compostelá C5 participarán na feira, mentres que outras catro optaron por Art Madrid, que se celebra nas mesmas datas.

Redacción - 11:30 19/12/2008

ARCO 2009 celebrarase en Madrid do 11 ao 16 de febreiro en Madrid, coa India como país convidado e a dúbida sobre a forma en que a crise económica vai afectar ás cifras de venda das galerías. Serán 250, procedentes de 31 países, cunha presenza española que cada vez se reduce máis. Isto, unido ao carácter máis comercial e convencional da proposta da feira, fai que moitas galerías comecen a ponderar acudir a outros espazos para a súa promoción; é o caso de Trinta, que nesta ocasión, por primeira vez en 23 anos, non estará en Arco, e si en Art Madrid. En 2007 foron cinco galerías galegas as que acudiron, en 2008 foron catro e no 2009 serán tres.

Entre as que si estarán destaca a proposta de Bacelos, seleccionada para Arco 40 (o que lle permitirá contar cun espazo de corenta metros cadrados) e que presentará obras de Manuel Vilariño, premio Nacional de Fotografía 2007. Vilariño levará o seu díptico Lejano Interior. C5 estará en Performing Arco onde ofrecerá unha intervención de Félix Fernández e Andrés Senra que reflexionará sobre a vinganza buscando a interacción co espectador. Finalmente, Adhoc estará no programa xeral cunha proposta multidisciplinar na que levará a un numeroso grupo de artistas, como Libia Castro e Ólafur Ólaffson, André Cepeda, Jasmina Cibic, Chelo Matesanz, Manuel Ocampo, Eric Van Hove e os galegos Xoán Anleo, Suso Fandiño, Nano 4814 e Jorge Perianes.

Catro galerías galegas en Art Madrid

Trinta (Compostela), Marisa Marimón (Ourense), Metro (Compostela) e Moret Art (A Coruña) tamén estarán en Madrid a mediados de febreiro, pero non en ARCO, senón en Art Madrid (do 12 ao 16 de febreiro). Art Madrid gábase de realiza "unha aposta decidida pola arte emerxente máis novo" e de apostar polos artistas e galerías do Estado en maior medida que ARCO, cada vez máis orientada cara ás propostas que chegan do extranxeiro. En Art Madrid participan nesta edición unhas 74 galerías, case todas españolas e representando a todas as comunidades autónomas.

Para afianzar o seu carácter novo e vangardista, a feira presenta nesta edición dúas novas seccións, Young Art e Art Show. O primeiro espazo acolle galerías con menos de cinco anos de antigüidade que presentarán obras de artistas novos realizadas nos últimos dous anos, ou galerías con máis de cinco anos, que presentarán a obra dun só artista menor de 40 anos. Pola súa banda Art Show dará voz á arte contemporánea máis emerxente.

Esculturas en María Pita
A exposición 'Manolo Valdés na Coruña. Esculturas monumentais', permanecerá até o vindeiro día 18 de xaneiro na praza de María Pita. Consta de dezasete esculturas, catro delas expresamente moldeadas polo artista para esta exposición, que logo viaxará por outras prazas e rúas de España. Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración con concellos e institucións públicas, responde a unha vontade dinamizadora e de creación de novos referentes visuales. Desta forma, as obras dialogan coa contorna, por afinidad ou por contraste, e provocan un gran impacto nas persoas que as descobren por primeira vez.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: