 
 
Vicepresidencia tamén anunciou que o luns se constituirá a subcomisión de seguimento de infraestruturas
Os votos do BNG que serviron para sacaren adiante os orzamentos do goberno español vanse traducir para a vindeira semana en contraprestacións. Tal e como negociaran socialistas e nacionalistas naquel momento, o vindeiro luns vaise constrituír a subcomisión de seguimento das infraestruturas e ao día seguinte vaise efectivizar o traspaso das competencias pendentes.
Segundo o vicepresidente Anxo Quintana, a subcomisión vai ser unha ferramenta útil para "asegurarnos de que unha vez que se presupostan cuestións importantes para Galicia se van executar”. A primeira reunión da subcomisión vai ter lugar no primeiro trimestre.
En canto as transferencias, Quintana sinalou que se cubriron os obxectivos comprometidos: “Galiza vai recibir como traspasos cuestións relevantes en materia de museos, bibliotecas, arquivos, bolsas ao estudo, no saldo da débeda de superficie, en inspección de traballo, e instalacións patrimoniais”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto