Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O SÁBADO 19

Mobilización perante as sedes do PSOE para defender o intercambio de arquivos

Colectivos de internautas protestarán compartindo arquivos pola campaña do Ministerio de Cultura que criminaliza o P2P.

Redacción - 18:00 17/12/2008

A campaña posta en marcha polo Ministerio de Cultura para defender os dereitos de autor, desacreditando o intercambio de arquivos na internet, xa provocou unha reacción organizada en contra. Diversas asociacións de internautas anunciaron para o sábado 20, ás 20 horas, unha convocatoria masiva de compartición de ficheiros mediante P2P na porta das sedes do PSOE.

A iniciativa pretende reaccionar contra o apoio que lle está a prestar o goberno español ás sociedades privadas de xestión de dereitos de autor, como a web 'Si eres legal, eres legal'. Por iso, dende a plataforma Compartir es bueno convócase os internautas para que leven cadanseu computador diante das sede central do PSOE en Madrid e procedan a unha descarga masiva e simultánea de arquivos a través das redes P2P. A mobilización esténdese a todas as sedes socialistas do Estado Español.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: