Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cualifican de "electoralista" a iniciativa

O PP abstense nunha moción antitransfuguismo votada na Fegamp

Evitan o apoio a un documento que "condena calquera moción de censura que se apoie en tránsfugas".

Redacción / Europa Press - 09:00 17/12/2008

Logo do acontecido en Mos, onde o PP obtivo a alcaldía da man dun ex concelleiro do PSOE, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) levou a votación este martes unha moción contra o transfuguismo onde se facía referencia explícita ao caso deste concello. A moción foi apoiada polos representantes socialistas e nacionalistas no organismo provincial.

O PP abstívose, cualificando a proposta de "electoralista". Segundo o vicepresidente do PP na Fegamp, Perfecto Rodríguez, fixérono "en sinal de protesta por unha práctica totalmente inusual". "Responde a fins partidistas e que circulan lonxe do papel institucional que debe xogar a Fegamp", acusou Rodríguez. Ao respecto, a Fegamp comunicou que a iniciativa condena calquera moción de censura que se apoie en tránsfugas. "Que se producira ou se poida realizar en calquera momento en Galiza", precisan.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: