Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Burato lexislativo

Á procura de parques eólicos vía Madrid e de costas á Xunta

O Senado aproba instar o goberno español a non autorizar os parques de máis de 50 MW que teñan informes desfavorábeis da Xunta.

Redacción - 09:00 16/12/2008

Endesa é un dos exemplos das operadoras do sector eléctrico que están aproveitando o marco lexislativo actual para tratar de rabuñar cota eólica sen pasar a peneira da Xunta e as correspondentes obrigas económicas con Galiza. Segundo está estabelecido na actualidade, no caso dos parques de muíños de vento de máis de 50 megavatios, a autorización segue o trámite xeral do sector eléctrico, polo cal neste caso a decisión sobre a concesión ou non correspóndelle ao goberno español.

Malia que co despregue dun parque desa dimensión verían recortada a prima económica por xeración de enerxía renovábel, empresas como Endesa recolleron os proxectos presentados para áreas concretas en forma individualizada e leváronos a Madrid como macroproxecto superior a 50 MW. Deste xeito, saltarían por riba da Consellaría de Industria trasladándolle a decisión ao Ministerio de Industria.

Sobre o asunto debateu este luns a comisión de Industria do Senado, onde o nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza levaba unha iniciativa do BNG en contra dese proceder empresarial. Deste xeito, a comisión aprobou que o goberno español "teña en contra os informes desfavorábeis emitidos pola Xunta de Galiza e non autorice a instalación de parques eólicos de máis de 50 megavatios en Galiza". Pérez Bouza insistiu en que debe ser a Xunta quen "asuma e centralice" as autorizacións de todo tipo de aproveitamentos enerxéticos, independentemente da "necesaria coordinación a nivel estatal". O senador do Bloque referiuse en concreto aos proxectos de Endesa e de Estela Eólica, que contemplan a instalación tamén de parques eólicos mariños na costa.


4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: