Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
No Parlamento

PP e PSOE vetan o debate sobre o galego no Bierzo

Non se celebrará a comparecencia na Cámara de representantes culturais e sociais da comarca berciana.

Redacción - 09:00 16/12/2008

O voto en contra dos grupos parlamentarios de PP e PSdeG impedirá que a orde do día da próxima comisión 4ª do Parlamento, a de Educación e Cultura, lle dea acceso a unha representación social e cultural chegada do Bierzo para expoñer a situación do galego na zona e propoñer iniciativas para mirar pola lingua naqueles pagos.

Bieito Lobeira, deputado do BNG, recordou que hai xa semanas que realizara a petición de comparecencia que este luns vetaron socialistas e populares. Recordou Lobeira que se trata dunha iniciativa coa que se pretendía dar voz ás inquedanzas nesta materia expresadas polo propio presidente do Consello Comarcal do Bierzo, expostas nunha xuntanza realizada en Vilafranca co deputado nacionalista. Naquela reunión, a representación berciana expuxo a necesidade de adoptar medidas en defensa da lingua na zona.

Ao respecto, a deputada socialista María do Carme Acuña, explicou que o rexeitamento do seu grupo ao debate débese ao "elevado número de preguntas" xa incluído na devandita comisión e a que esta se volvería unha sesión "pouco funcional". Sobre o mesmo asunto, o deputado do PpdeG Ignacio López-Chaves asegurou que a decisión débese a que "PSdeG e BNG mostraron a súa división" en materia lingüística.


4,89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: