Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O terceiro nun ano

O líder da oposición tailandesa pasa a ser primeiro ministro

Abhisit Vejjajiva, do Partido Demócrata, é o novo aspirante a xestionar a crise do país asiático.

Redacción - 09:00 15/12/2008

A candidatura do economista Abhisit Vejjajiva, actual líder do Partido Demócrata tailandés, apañou 235 votos fronte a 198, na votación parlamentaria, resultado que o converte en novo primeiro ministro do país. O demócrata impúxose a Pracha Promnok, líder do Partido dos Tailandeses, ex xefe do corpo policial estatal.

Será o terceiro que acceda ao cargo en menos dun ano, o quinto nos dous últimos anos. O anterior no sillón, Somchai Wongsawat, dimitiu no medio dun proceso xudicial onde a súa formación, Partido do Poder do Pobo, foi acusado de fraude electoral nos comicios de 2007. Coa economía local no gume da recesión, Abhisit declarou que o estímulo á actividade económica a través da recuperación das exportacións e a reactivación do turismo, afectados ambos os dous pola actual crise política e social, serán prioridades do seu goberno.

Recomendámoslles ampliar na BBC e Thailand Daily


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: