Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Noite do venres ao sábado

A lúa chea máis grande do ano

O satélite atópase este 12 de decembro máis perto da Terra, polo que brillará máis ca nunca.

Redacción - 19:35 12/12/2008

A noite do 12 de decembro poderase ver no ceo unha lua chea moito meirande do habitual. Polo menos, será a máis grande do ano. O fenómeno débese a que coincidirá só catro horas despois do perixeo, o momento en que o satélite natural da Terra está máis preto do planeta. Isto supón que a lúa sexa un 14% máis grande e un 30% máis brillante.

Segundo informa Astroseti, esta situación tamén afecta que as mareas sexan uns 15 centímetros máis altas. O fenómeno coincide case co solsticio de inverno, polo que a lúa chea acadará a máxima altura no ceo e poderase ver durante máis tempo, por ser as noites máis longas do ano.

O que xa non está cientificamente demostrado é se lle afectará ao estado de ánimo das persoas máis "lunáticas". Teñan coidado.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: