O conxunto de música antiga ofrecerá no Hospital de Sant Pau de Barcelona un repertorio titulado "Danses europees en contrast".
Organistrum é un conxunto vocal e instrumental formado en Barcelona por músicos de diferentes orixes e influencias. Recibe o seu nome do instrumento que preside o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela.
O seu repertorio abrangue músicas europeas dos séculos XII ó XVI, incluíndo as músicas do Codex Calixtinus, o Llibre Vermell de Montserrat, as cantigas galaicoportuguesas, renacemento e barroco europeo (J.B. Lully, F. Purcell, J. Dowland, G. Machaut, P. Attaignant, A. Vivaldi, etc.) e pezas de tradición oral galega ou catalá.
A formación actual de Organistrum é:
Xurxo Romaní: harpa medieval, zanfona, laúde medieval, mandolina, gaita, canto.
Soledad Sánchez: Canto, flautas de pico.
Bernardí Martorell: flautas de pico.
Jesús Besora: teclado.
Ernest Agramunt: percusións, zanfona.
Concerto de Nadal de Organistrum: Danses europees en contrast
Domingo, 14 de decembro, 19 h
Sala de actos do Hospital de la Santa Creu i Sant Pau
Cartagena / Sant Antoni Maria Claret | Barcelona
Entrada de balde.