Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
M. JIMÉNEZ SERÁ O ADESTRADOR

Temos selección masculina de fútbol praia

O novo combinado debutará o vindeiro día 21 fronte ao equipo portugués, coincidindo coa celebración do campionato nacional deste deporte.

Redacción - 19:00 09/12/2008
Acto de presentación, celebrado na dirección xeral para o Deporte

Acto de presentación, celebrado na dirección xeral para o Deporte

Este mércores presentouse na Dirección Xeral para o Deporte a selección galega de fútbol praia, que debutará fronte a Portugal o vindeiro día 21. O partido comezará ás 13.00 horas no multiusos do Sar, onde ese mesmo día se xogará a final do campionato galego. O equipo estará adestrado por Manuel Jiménez e, segundo as súas propias palabras, contará con "tres ou catro xogadores dos mellores do mundo".

Un destes xogadores é Ramiro Amarelle, que acudiu ao acto en representación dos seus compañeiros. O bergantiñán lembrou o tempo que se leva loitando pola creación da selección de fútbol praia, e non escondeu a súa ilusión con respecto ao partido do día 21.

O estreo da selección coincidirá coa disputa do campionato galego de fútbol praia en pista cuberta. Este torneo xogarase entre os días 19 e 21 de decembro, participando nel un máximo de 48 clubs que serían divididos en 16 grupos de tres equipos cada un.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: