Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MOSTRA

Póñame unha de cultura propia!

Coa fin de semana multiplícanse os visitantes no Culturgal.

Redacción - 22:30 06/12/2008
O domingo será o día dos nenos e as nenas no Culturgal

O domingo será o día dos nenos e as nenas no Culturgal

Co sábado chegou a xente, e moita, a Culturgal. Milleiros de persoas deixáronse levar pola feira máis importante da nosa cultura. Entre os que visitaban os estands ou alternaban na barra para tomar unha caña (houbo tempo para todo) víanse numerosas caras coñecidas: músicos, escritores, políticos, actores... Mais o protagonismo estivo por riba de todo nos moitos rostros anónimos que se achegaron até o recinto coruñés. Parellas mozas con nenos mercando libros, recollendo discos ou levando bolsas de tea con prensa na nosa lingua.

O outono campaba fóra, mais os ceos grisallentos combatíanse facilmente dentro do Palexco. As opinións, como no fútbol para todos os gustos. Para moitos a feira é moi completa e mellora notabelmente a edición do ano pasado; mais, como non, tamén hai quen bota de menos cousas. Tampouco falta algún despistado. Unha señora maior dille a outra en castelán: e isto que é Marisa? A compañeira dispara inmediatamente “é unha exposición dos que queren que se fale máis galego”. E aló se perden entre o ir e vir de visitantes.

Mais, como todas as feiras sectoriais, Culturgal é sobre todo un bo escaparate para que os diferentes profesionais intercambien impresións e ideas. A mostra pode ter aspectos mellorábeis pero do que non hai dúbida é de que o propio concepto da mesma é tan sinxelo como inédito no país: visibilizar a cultura propia sen complexos e sen intermediarios. E iso sen dúbida xa é un éxito.

Domingo dos pícaros

Este domingo ás 21 horas o Culturgal botará o pecho. A cuarta e última xornada estará protagonizada polos máis pequenos. Non é para menos. Ao auditorio do Palexco (21 horas) chega a XabaXira, un espectáculo do Xabarín que mestura música, teatro e circo


Ligazóns

4,87/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: