Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL SALA, DIVISIÓN DE HONOR

Derbi de necesitados en Lugo

Ázkar e Lobelle chegan no seu peor momento da tempada, ca necesidade de gañar para seguir optando a estar na vindeira edición da copa.

Redacción - 12:35 05/12/2008
Partido anterior entre Ázkar e Lobelle

Partido anterior entre Ázkar e Lobelle

Despois dun espectacular inicio de ano, Ázkar Lugo e Lobelle de Compostela chegan ao seu primeiro enfrontamento de liga inmersos en cadansúa xeira de malos resultados. Lonxe quedan os tempos nos que o Ázkar loitaba co Elpozo Murcia polo liderado, mentres o Lobelle se afianzaba na cuarta posición. O pavillón municipal de Lugo vivirá un emocionante partido da 12ª xornada do campionato, a partir das 20.30 horas, ca arbitraxe de Felipe Madorrán e Gereta Ramírez.

Os locais, adestrados por Bruno García, tratarán de rachar a xeira de malos resultados na que se atopan inmersos, xa que só acadaron un punto dos últimos 15 en xogo. Actualmente ocupan o 10º lugar da clasificación a dous puntos da oitava posición, que da a posibilidade de xogar a copa. Para o partido de hoxe García non poderá contar ca súa principal estrela, o aleiro brasileiro Fernandinho. Tamén causá baixa o capitán, Alberto Riquer, que leva toda a tempada lesionado, mentres que recuperan a última hora ao brasileiro Casio.

O Lobelle, pola súa parte, atópase nunha situación máis cómoda, colocado na sétima posición e dependendo só deles mesmos para estar na copa. Os xogadores adestrados por Tomás de Dios, tampouco chegan no seu mellor momento, xa que perderon os dous últimos partidos. O adestrador compostelán tampouco poderá contar con todos os seus futbolistas, xa que son baixa Vara e Alemao. Ademais hai dúbidas sobre a participación de Eka, que tamén está a ter problemas físicos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: