Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
OS MEDIA INTERNACIONAIS FALAN DA CAMPAÑA

Presidente Chávez comeza campaña pola emenda constitucional

Despois de pedir á militancia do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV), para activar os mecanismos co fin de convocar unha emenda constitucional, este luns o presidente venezuelano, Hugo Chávez, dirixíndose á poboación aragüeña (estado Aragua), sinalou que de ir a unha convocatoria pola emenda sería para gañar e “gañala de xeito abrumador”.

Xurxo Martínez Crespo - 15:22 02/12/2008

O presidente venezzuelano pediu dilixencia a todos os revolucionarios, "se o imos facer fagámolo axiña, se o imos facer fagámolo xa, non mañá, non, xa", exclamou o presidente venezuelano, manifestando que este primeiro de decembro comeza a ofensiva pola emenda constitucional.
Chávez falou dos que aseguran que perdeu forza política, despois das eleccións do 23 de novembro, o presidente venezuelano recomendoulles: “cojan jabón pa' que laven, vayan comprando alpargatas que aquí lo que viene es joropo, joropo recio y tramao, arpa que me quita el sueño

Durante a xura da Gobernador do estado Aragua, Rafael Isea, e do alcalde do municipio capitalino de Girardot, Pedro Bastidas, o presidente da República salientou o importante triunfo da vila socialista, do Partido Socialista Unido de Venezuela e das correntes revolucionarias nas eleccións do pasado 23 de novembro.

Pediu á militancia e á dirixencia da organización socialista avaliar a victoria eleitoral, pero pola súa vez analisar os resultados negativos, tomando como exemplo as perdas políticas en Miranda e na Alcaldía Metropolitana de Caracas, as cales cualificou como perdas reparábeis.

Aludiu á conduta da oligarquía venezuelana e dos pitiyanquis, quen se deron á tarefa de difundir unha serie de mentiras sobre os resultados electorais, o xefe de Estado expresou que através dos medios internacionais se “estivo repetindo que Chávez quedouse sen cidades, que Chávez perdeu as máis grandes cidades de Venezuela, que xa Chávez está acurralado en Miraflores, que as maiorías lle deron as costas a Chávez (…)”.


Media internacionais e a autorización de Chávez para estudar reelección

Unha ampla gama de medios de comunicación internacionais salientaron entre os seus principais noticias, onte luns, a autorización dada polo presidente venezuelano aos militantes do Partido Socialista Unido de Venezuela (Psuv) para procurar a súa reelección presidencial através da reforma constitucional.

Despois da victoria dos socialistas nas eleccións rexionais, o presidente Hugo Chávez Frías, convidou aos militantes do proceso revolucionario a que, polas vías legais e democráticas, discutan o mecanismo para lograr a emenda constitucional que permita a reelección.

Perante isto, o portal web da BBC titula en seu paxina principal Chávez, até o 2019, detallando posteriormente palabras do presidente. O medio británico sostén que o presidente venezuelano “ordenou” (sic) ao seu partido que inicie un debate para lograr a súa reelección. BBC salienta que o 2 de decembro do ano pasado non se aprobou o proxecto de reforma constitucional que autorizaba a reelección indefinida.

O principal opositor ao presidente venezuelano no estranxeiro, El País de Madrid,  de abre a nota dicindo: “Hugo Chávez -dijo el mesmo- no se irá de la presidencia de Venezuela”. O xornal español asegura que o que exporá á militancia do Psuv é en esencia o mesmo proxecto que fora rexeitado no referendo de decembro de 2007.

O presidente Hugo Chávez activou este domingo o seu segundo intento para lograr a reelección indifinida en Venezuela, denunciando que os seus adversarios pretenden atentar contra o seu Goberno”, salientou así El Universo de Guayaquil.

Chávez pretende a súa reelección para gobernar até 2021”, titula AFP, quen reseña as declaracións do presidente Chávez e novamente desenvolve o proxecto de reforma constitucional de 2007.

A axencia francesa parafrasea a analistas políticos que afirmaran que estas eleccións servirían para medir a oportunidade de voltar a propoñer a reelección presidencial. AFP tamén cita declaracións do primeiro vicepresidente do Psuv, Alberto Müller Rojas, quen afirmou que aínda que “o presidente Chávez entendeu que o sistema político venezuelano non pode estar condicionado pola presenza dunha persoa”, tamén considera que “nas condicións actuais, aínda co partido, a súa figura xoga un papel simbólico na unidade e estabilidade do sistema”.

Prensa Latina afirma que os “socialistas venezuelanos activan mecanismos para a reelección”, salientando que non é o presidente Chávez quen pode propoñer unha emenda constitucional, senón pola contra o pobo organizado.


3/5 (4 votos)