Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Concurso "A Nosa Costa"

Urnas electrónicas listas para peneirar a mellor orquestra do país

Oito finalistas para un premio que nas tres edicións anteriores gañou a orquestra Panorama.

Redacción - 13:00 01/12/2008

París de Noia, Charleston Big Band, Olympus, Philadelphia, Suavecito, Aramio, Capitol e Panorama. Son as oito orquestras seleccionadas para a gran final do concurso onde se busca a "Mellor Orquestra de Galicia".

Trátase dunha iniciativa da web A Nosa Costa, espazo centrado na actualidade das comarcas de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Muros e Xallas. A votación vaise abrir o próximo 8 de decembro e os internautas poderán opinar até o 14 de xaneiro. Coa iniciativa queren homenaxear e promocionar os esforzados músicos que ambientan todo o ano as verbenas do país.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: