Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENDE BOS AIRES

Para Feijoo, o veto socialista ao voto en urna "obriga a extremar a cautela"

O líder dos populares galegos sinalou que na transparencia do voto en Arxentina "podémonos xogar a maioría absoluta".

Redacción - 16:51 29/11/2008



O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou en Bos Aires, tras unha reunión co ministro do Interior arxentino, Florencio Randazzo, que o Partido Socialista está vetando a transparencia do voto en urna, "e iso obrígans -dixo- a estremar a cautela e a pedir transparencia, rigor e neutralidade ao correo arxentino, a través do ministro do Interior'".

O líder dos populares galegos dixo que "se tiveramos o voto en urna tiñamos a seguridade de que todos os votos chegarían nunha caixa de cristal a Galicia, e agora, na transparencia do voto en Arxentina nos podemos xogar a maioría absoluta en Galicia; nos podemos xogar que un partido ou unha coalición gobernen Galicia".

Feijóo recordou que a pesar de haber un acordo en Santiago de todas as forzas políticas galegas para que nestas eleccións se votase en urna, "este acordo foi vetado" polo Goberno socialista en Madrid; "co que, lamentabelmente, todo parece indicar que non podemos, outra vez, votar en urna no exterior".

Críticas de Marisol Soneira
En resposta ás declaracións do líder popular, Marisol Soneira, secretaria de Emigración do PSdeG-PSOE, cualificou de "vergoñenta e bochornosa a imaxe que do PPdeG está dando Núñez Feijoo na Arxentina, amosando públicamente a súa incapacidade diante dun goberno estranxeiro". Para a deputada socialista "Núñez Feijoo exhibe as súas carencias pretendendo manchar a imaxe de Galicia. Non lle preocupa en absoluto manchar a imaxe de Galicia no exterior. Só un dirixente dunha forza residual ou extraparlamentaria faría o que está facendo diante dun representante doutra nación: criticar e menosprezar as capacidades do seu propio país para con iso facer o maior dano posible ao Goberno".Segundo Soneira "Núñez Feijoo ten os hábitos dun mal xogador: as regras son boas cando benefician e son malas cando non o benefician". A Secretaria de Emigración cuestionou "¿que tería feito cando estivo ao frente de Correos para non dubidar en humillarse e maltratar a súa capacidade política no exterior en aras a unha presunta falta de garantía e de control do voto da emigración".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: