O equipo adestrado por Isaac Fernández pasa á seguinte fase como un dos mellores terceiros. Alí enfrontarase ao Ibiza que ven de gañar o "Grupo H".
O Extrugasa seguirá o seu camiño á conquista de Europa
O Extrugasa continúa coa mala xeira de resultados que ven acumulando nos seus últimos partidos. O equipo de Vilagarcía perdeu por 65 a 66 contra o Olivais de Coimbra, nun partido que non conseguiu dominar en ningún momento, aínda que foi capaz de forzar a prórroga. Unha vez alí volveu a repetirse o visto nos 40 minutos anteriores, co Extrugasa sen conseguir dominar un partido que tivo a tiro de cuspe.
Con este resultado, as mozas adestradas por Isaac Fernández trasladan a Europa unha crise de resultados que as persegue na liga dende fai semanas. Aínda así acadaron a clasificación á fase eliminatoria, onde terán como primeiro rival ao Ebe Ibiza. O equipo balear ocupa actualmente a antepenúltima posición na Liga Feminina, e xa levou a vitoria de Fontecarmoa o pasado 18 de outubro, cando derrotou ao Extrugasa por 44 a 56 nun partido correspondente á cuarta xornada da liga.
A 10ª xornada da liga feminina preséntase interesante
O Celta de Vigo enfróntase ao MMT Estudiantes nun partido importante de cara ás aspiracións dos dous equipos de participar na vindeira edición da Copa. Ámbolos dous están empatados na zona media da táboa con 12 puntos.
O Extrugasa, pola súa parte, tratará de rachar coa xeira de malos resultados na súa visita ás catalás do Cadi La Seu D´urgell, que teñen só unha vitoria máis que as galegas.