Ocupa o posto de responsábel técnico do Centro Galego de Tecnificación Deportiva dende o ano 2002.
Os rumores que apuntaban a Omar González como futuro adestrador de Gómez Noya remataron por ser certos, e o triatleta de Ferrol anunciou na súa páxina web o comezo da colaboración entre ambos. Esta colaboración chega despois de que Gómez Noya anunciara fai semanas a separación de José Rioseco.
Gómez Noya e González coñécense dende fai anos, polos traballos que desempeñou o adestrador primeiro para a federación estatal e despois para a galega. A partir do 2002 Omar González é o encargado do triatlón no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, só un ano antes de que o ferrolán comezara a traballar no centro pontevedrés.
Na fase de preparación invernal Gómez Noya tamén contará coa axuda de José Rivera, encargado da natación no CGTD. Esta colaboración xa se fará baixo a supervisión de Omar González.