Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Xornada de debate en Compostela

Análise do uso das TIC no xornalismo

A actividade desenvolverase o xoves pola mañá e está organizada polo Colexio de Enxeñaría Informática co apoio de Innovación e Industria.

Redacción - 11:00 26/11/2008

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) organiza esta quinta feira pola mañá unha xornada destinada a debater sobre o uso das novas tecnoloxías entre os traballadores da información. "O impacto das TIC no exercicio do xornalismo", que así se chama a actividade, desenvolverase en Compostela e contará coa presenza de expertos galegos e estatais.

O acto abrirao o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e pecharao a directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela. O programa indica que participarán na xornada o xornalista, blogueiro e profesor Jesús Miguel Flores Vivar, os profesores da USC Manuel Gago Mariño e José Pereira Fariña, e o secretario da asociación de periodistas bloggers, Pedro Alonso.

Tamén se desenvolverá unha mesa redonda sobre o reto emprendedor dos xornalistas dixitais, moderada por Marcus Fernández, subdirector de Código Cero, coa participación de Carlos Agulló, subdirector de La Voz de Galicia; Roberto Noguerol, xefe de redacción de Vieiros; Juan Castro Rodríguez, promotor da plataforma multimedia Galiciae.com, e Juan Varela, xornalista, consultor de medios e director de Mediathink Consultores.

A actividade é froito dun convenio asinado entre o CPEIG e a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: