Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
LIBRARÍA COUCEIRO DE COMPOSTELA, 27 DE NOVEMBRO

Feito en Cataluña, presentado en Galiza

Presentación do libro "Vencello: Manual para a aprendizaxe da lingua e a cultura galega".

Filoloxía Galega da Universidade de Barcelona - 22:45 24/11/2008

Preséntase en Santiago de Compostela Vencello, libro de texto elaborado por un equipo de profesores de Secundaria de Cataluña. Participan neste acto Rosario Álvarez, directora do Instituto da Lingua Galega, Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Sabela Labraña (Filologies Gallega i Portuguesa da Universidade de Barcelona), coordinadora do Proxecto Galauda e Valerià Paül, coodinador de Vencello.

Esta publicación, subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha edición actualizada tanto na norma como nos contidos. E, malia ser un manual dirixido principalmente a alumnado de fóra de Galicia, pode ser empregado no estudo da lingua e da cultura para galegofalantes.

O Proxecto Galauda xorde dentro do marco do Protocolo de Colaboración entre o Departament d'Educació da Generalitat de Catalunya e mais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, asinado en 1999 co obxecto de promover a lingua galega e catalá dentro dos centros de ensino secundario de ambas as dúas comunidades autónomas.

Xoves, 27 de novembro de 2008 ás 20:00

Libraría Couceiro
Praza Cervantes 6, 15704 - Compostela


3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: