Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeiro avance de resultados

O chavismo mantén ampla vantaxe entre os venezolanos

Coa máis alta participación nuns comicios locais, a oposición consegue 4 das 17 gobernacións e apaña a alcaldía de Caracas.

Redacción - 07:15 24/11/2008

"Quen pode dicir agora que hai unha ditadura en Venezuela? Chamo os opositores a que atendan a razón e recoñezan que nós somos respectuosos coa vontade popular", afirmou o presidente venezolano, Hugo Chávez, na súa intervención este domingo durante a noite electoral, logo de coñecer o primeiro avance de resultados.

Á vista desas primeiras cifras, Chávez salientou os exemplos dos importantes triunfos dos candidatos opositores "no estado de Miranda e na Alcaldía Mayor de Caracas", derrotas do chavismo das que recordou que foron "inmediatamente recoñecidas" polos candidatos do oficialista Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV). Nese sentido, o presidente instou os opositores a recoñecer do mesmo xeito a autoridade da Constitución e o xefe de Estado. "A vitoria é hoxe de Venezuela, ratifícase o camiño democrático que o pobo elixiu", sinalou Chávez, destacando a histórica cifra de participación do 65,45%.

Os primeiros números falan dunha ampla vantaxe no total para os candidatos do socialismo bolivariano, cun millón e medio máis de votos ca os candidatos da oposición. Así o chavismo rabuñou até catro estados até o de agora nas mans dos rivais. Con todo, os opositores tamén obtiveron importantes triunfos, como a mencionada alcaldía da capital do país, onde o candidato Antonio Ledezma superou o ex ministro Aristóbulo Istúriz, relevante membro da formación chavista. Tamén destaca a vitoria no estado de Miranda, onde a oposición tombou a opción de Diosdado Cabello para o relevo.

Na prensa venezolana:


4/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: