Un 17 de novembro de 1983 cinco homes e unha muller fundaban na Selva de Lacandona (México) o que sería o xermolo do movemento político.
Subcomandante Marcos
Esta semana pasou practicamente desapercibido unha efeméride crucial para a historia recente de América Latina. Hai 25 anos (un 17 de novembro de 1983) nacía na Selva de Lacandona (Chiapas) o Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN).
Naquela data, cinco homes e unha muller constituían unha “célula político-militar” que sería o xermolo do EZLN. Pouco despois fundarían na selva de Chiapas o primeiro campamento zapatista, ao que lle chamarían “O Pesadelo”. Dous anos despois, aquel pequeno grupo de homes e mulleres comezou o primeiros contactos cos pobos da zona.
Mais sería a finais 1993 cando o nome de EZLN daría a volta ao mundo. Entre o 29 e o 31 de decembro, os guerrilleiros atacaron simultaneamente catro capitais de concello e lograron reducir os cuarteis de policías e militares que había nos mesmos. Encabezados polo subcomandante Marcos, as comunidades indíxenas saltaban ás primeiras planas dos medios reclamando a dignidade que lles fora negada ao longo de cinco séculos.