Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vinte millóns menos do previsto

Achega de 100 millóns para que 35 mil persoas cobren en 2009 as axudas da dependencia

En entrevista co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a ministra de Política Social, Mercedes Cabrera, recoñeceu que o proceso ten en Galiza requirimentos e custes específicos.

Redacción - 09:00 20/11/2008

Serán 20 millóns de euros este mesmo ano e 80 millóns máis para 2009, segundo o acordo pechado este mércores en Madrid entre goberno español e Xunta. Un reforzo das cantidades destinadas ao financiamento da Lei de Dependencia que, segundo explicou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, permitirá que cando remate 2008 sexan 20 mil persoas as que xa reciban as prestacións derivadas da aplicación desta lei e que a cifra poida chegar ás 35 mil en 2009. Así o acordaron a ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, e o vicepresidente galego.

Na opinión de Quintana, este compromiso complementa "o grande esforzo realizado pola Xunta para introducir un sistema galego de benestar". O vicepresidente referiuse á necesidade de que en tempo de crise a rede pública de instalacións, servizos e programas para atender a xente maior, dependente ou que sofre calquera tipo de minusvalidez conte de xeito especial coas garantías de financiamento das administracións. Doutra banda, vicepresidencia destaca que o goberno español asuma que o proceso de aplicación da lei presenta unhas "características específicas"en Galizas, que teñen unha "incidencia directa" sobre o custo e a tipoloxía de recursos que conforman catálogo de prestacións ás persoas dependentes.

O PPdeG sinala que se perden 20 millóns
"Volve con menos cartos dos que reclamaba hai dous meses", laiábanse desde o PPdeG ao respecto da xuntanza de Quintana e Cabrera en Madrid. A deputada do PPdeG Marta Rodríguez, afirmou que Vicepresidencia pedía en setembro 100 millóns de euros para cubrir as necesidades de 2009. "Foi a Madrid vestido de lobo feroz e regresa coas orellas baixas e sen diñeiro abondo", reprochoulle a deputada popular ao vicepresidente. O PPdeG entende que Quintana mantivo unha actitude de "submisión política" ante o goberno español, e que isto implicará un "atraso xeneralizado" na introdución das prestacións da lei en Galiza. Desde a Xunta rexeitan a interpretación do PP, e sosteñen que a previsión para a aplicación da lei en 2009 ascendía a 210 millóns, 100 deles a achegar polo Estado. Así, os 20 millóns a recibir antes de fin de ano corresponderíanse coa débeda deste exercicio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: