Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PREVISIÓNS DE NEGOCIO

A Apple non lle afecta a crise

O éxito dos seus novos computadores está a elevar as súas vendas con respecto a 2007, ademais dos bos resultados do iPhone e do iPod.

Redacción - 09:00 20/11/2008
Novo MacBook Pro de 15 polgadas

Novo MacBook Pro de 15 polgadas

Mentres empresas de todo o mundo sofren a crise económica, a estadounidense Apple segue a aumentar as súas vendas. Cando menos, na súa liña de negocio relativa aos computadores de escritorio e portátiles, que en outubro medrou nun 28 por cento con respecto ao mesmo mes de 2007.

Un recente estudo da empresa predicía para o trimestre unhas vendas de entre 2,5 e 2,7 millóns de unidades. O éxito de Apple estase a deber, principalmente, aos seus novos MacBook e MacBook Pro, presentados no mes analizado.

As previsións da consultora NPD teñen en conta tamén unha menor taxa de crecemento das vendas en novembro e decembro. O mesmo informe prevé datos aceptábeis mesmo para os iPod, o reprodutor de música da empresa da mazá, a pesar da competencia que lle supón outro produto da mesma marca, o iPhone: conta con vender arredor de 19 millóns de reprodutores e 6,4 millóns de móbiles.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: