Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
COMEZA A “PREPARACIÓN INVERNAL COLECTIVA”

O Xacobeo volve ao traballo

Na primeira fase de adestramento as sesións de bicicleta estarán acompañadas de traballo no ximnasio e na piscina.

Redacción - 11:30 19/11/2008
Igual que o ano pasado, o ximnasio volverá ser protagonista na preparación invernal do equipo galego.

Igual que o ano pasado, o ximnasio volverá ser protagonista na preparación invernal do equipo galego.

O equipo dirixido por Álvaro Pino volve este mércores ao traballo, co comezo da "preparación invernal colectiva" que tan bos resultados trouxo no 2008. As sesións colectivas realizaranse os mércores e xoves en Padrón, mentres que o resto da semana cada corredor levará a cabo un plan específico de traballo adaptado ás súas características. Nas primeiras xornadas participarán só os corredores galegos e será a comezos de decembro cando se incorporen os dous corredores rusos e os outros catro chegados de distintos lugares do estado.

Os adestramentos colectivos estarán dirixidos polo preparador físico, Guillermo Rodríguez Carballido. Ademais do ordinario traballo en bicicleta realizaranse durante as vindeiras semanas diferentes traballos no ximnasio e na piscina.

Rabuñal realizará un traballo específico
O ciclista de Arteixo aínda se está a recuperar da aparatosa caída que sufriu o pasado 26 de setembro cando participaba nunha marcha en bicicletas de montaña, en Cambre. Gonzalo Rabuñal foi operado con éxito das fracturas producidas na clavícula e no cóbado, polo que tivo que gardar descanso varias semanas.

Rabuñal xa fai exercicios en bicicleta pero aínda non volveu saír á estrada, para evitar magoar os osos danados cos saltos que producen as irregularidades das estradas. Así, realizará adestramentos específicos antes de incorporarse ao traballo co resto do Xacobeo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: