Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
CONTAMINACIÓN

Pídenlle explicacións a Medio Ambiente sobre os vertidos no Ulla

Ana Pontón, do BNG, pregunta se a consellaría vai tomar medidas para frear a deterioración ambiental do río.

Redacción / EP - 13:00 18/11/2008

Unha pregunta parlamentaria solicítalle ao Goberno que explique cal é a "situación real" do río Ulla e que poña en marcha medidas para frear os vertidos e "combater" a deterioración do seu percorrido.

A autora da pregunta, a parlamentaria do BNG Ana Pontón, lembra que o Ulla é o río máis importante sobre o que a Xunta ten competencias e chama a atención sobre o feito de que "é un dos que maiores impactos negativos presenta ao longo do seu percorrido". Como mostra diso, Pontón achega o suceso acontecido recentemente en Padrón ou a contaminación nos afluentes do Ulla, como o caso "alarmante" dos ríos Brandelos e Lañas.

No escrito lémbrase que un informe da Consellaría de Medio Ambiente emitido en 2008 detectou 509 puntos de vertido na zona e que se comprometeu a redactar e a executar un prorama específico de recuperación da bacía do río dentro do Plan de Control de Vertidos.

O BNG tamén se interesa polas estacións de control de calidade das augas do río e a avaliación que Medio Ambiente fai do seu estado, ademais das posíbeis actuacións de control e reparación de danos que teña previstas.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: