"Se nalgún estado do país gaña a oposición eu sería o primeiro en recoñecelo, pídolle aos partidos políticos de todas as tendencias que recoñezamos o resultado nas eleccións, demostremos o espírito democrático", así o sinalou o máximo líder do PSUV e presidente de Venezuela, Hugo Chávez, desde unha multitudinaria concentración a favor dos candidatos socialistas no estado Cojedes.
O presidente venezuelano, Hugo Chávez, destacou que algúns voceiros da oposición están divulgando a fraude, co fin de descoñecer o triunfo revolucionario e xerar caos no país.
"Que ninguén se equivoque, que ninguén se deixe confundir polos mentireiros de oficio, todo o que estea con Chávez ten que votar por Teodoro Bolívar e por todos os meus candidatos", manifestou.
"Imos gañar os 9 municipios e a gobernación imos gañalo por ko (...) Non se trata de gañar por gañar xa algúns gañaron e fixérono mal, algúns se pasaron ao bando dos inimigos traizoando as esperanzas do pobo".
Estratexia falsificada:
Para resgardar a orientación ideolóxica e alertar aos militantes do PSUV sobre as manobras de sectores opositores, o líder revolucionario dixo que "a clase burguesa é moi hábil, moitas veces os inimigos e ricos dixeron 'se eu non podo contra Chávez, daquela métome a chavista' e ponse un pucho vermello e comezan a facer dano á revolución, non nos deixemos enganar polos falsos chavistas, coidado cos camaleóns."
Con esta estratexia logran confundir aos seguidores da tolda socilismo revolucionario venezuelano, porque de acordo con Chávez, estes non tiveron nunca unha sólida formación ideolóxica.
"Nós non podemos chegar ao goberno para facer un pacto coa burguesía ou con terratenientes, isto é unha batalla, é un compromiso de vida e para toda a vida."
Conformación de bancos comunais:
Propuxo como meta chegar á conformación de 10 mil bancos comunais en todo o país, incluíndo os 3500 xa existentes, polo que instou á organización das comunidades de Venezuela para fortalecer este sistema financeiro popular.
Chévez insistiu ao candidato socialista á gobernación do estado Cojedes, Teodoro Bolívar, para que poña en marcha este sistema en toda a rexión, para o cal, indicou Chávez, contará co seu absoluto apoio moral, técnico e financeiro. Todo isto para a cristalización de proxectos de envergadura, como a construción de pequenas fabricas socialistas que permitan o crecemento sostíbel e económico da poboación.
Nestes dez días que quedan hai que botar o resto:
Chávez fixo énfase ao pobo cojedeño para que estruture de forma axeitada as súas listas cos eleitores que teñen que ser situados, para garantir a súa presenza nos centros de votación.
"En cada centro debemos ter unha patrulla loxística que debe planificar toda a atención personalizada: como alimentación, auga, e saúde. Por cada mesa debe haber unha patrulla operativa e debe ter unha lista de votantes xa situados."
"Hai xente que non vai votar porque non cre en políticos, hai que convencelos, procurar o xeito de axudalos, hai que facerlles entender que está en xogo o futuro de Venezuela."
Neste sentido, recordou que nas eleccións presidenciais houbo unha abstención de 30%, sendo máis altas nos comicios locais.
De igual modo, convocou ao buró político da entidade para que se aboque ao recoñecemento e verificación continuo, tanto das patrullas operativas como da loxística, para garantir o correcto desenvolvimiento das comisións de apoio durante a realización do sufraxio rexional.