Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
a pesar da oposición ecoloxista

Xapón mantén o seu obxectivo de cazar un milleiro de cetáceos en novembro

Porén, non vai seguir capturando baleas xibartes na Antártida tal e como viñan facendo até o de agora.

Redacción - 11:25 15/11/2008
Debuzo dunha xibarte a carón dun buzo, que serve para facerse unha idea do seu tamaño

Debuzo dunha xibarte a carón dun buzo, que serve para facerse unha idea do seu tamaño

Xapón non vai cazar este ano baleas xibartes (Megaptera novaeangliae) durante a súa campaña anual na Antártida. Así o anunciou a axencia de pesca nipoa que, porén, si mantén o seu obxectivo de matar mil outros cetáceos este mes.

A frota baleeira do Xapón vai seguir saíndo até finais de novembro, para cazar, coma en anos pasados, baleas nos mares do sur. Esta é unha campaña que suscita críticas de varios países, como os EUA e Australia, e moitas organizacións ecoloxistas, entre elas Greenpeace.

O ano pasado, Tokio anunciou que a súa frota contaba matar medio cento de baleas xibartes (da familia dos roucuais, caracterizados polos sucos que posúen na gorxa e por unhas enormes aletas peitorais), unha especia protexida por unha moratoria decretada en 1966, após anos de captura intensiva. Mais, naquela altura, debido á presión internacional, o goberno nipón renunciara ás súas intencións, tomando unha decisión inédita nos últimos 40 anos.

Anos utilizando vellos trucos para seguir cazando
Nun comunicado enviado á prensa, o responsábel da axencia de pesca xaponesa, Hideaki Okada explicaba así o feito histórico: "suspendemos a caza da balea xibarte a pedimento da Comisión Baleeira Internacional".

Constituída por 80 países membros, a Comisión Baleeira Internacional (CBI), regulamenta a caza e a conservación das baleas, mais nos últimos anos converteuse en terreo de confrontacións entre os países que pescan estes cetáceos -Noruega, Islandia ou Xapón- e os protectores dos mesmos.

En 1986, a CBI prohibiu a captura comercial da balea, mais autoriza a súa caza "científica", determinando unha serie de cotas precisas, unha tolerancia empregado polo Xapón para xustificar as súas campañas anuais.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: