Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN PONTEVEDRA, DE VENRES A DOMINGO

O pandeiro de mao, galego... e árabe

Ademais, dos obradoiros e clases maxistrais, destaca a actuación, o venres á noite de Leilía, Barbod (Irán) e Mohammed el Sayed (Exipto).

Redacción - 08:40 14/11/2008

A actividade xirará ao redor dunha carpa situada na praza da Ferrería, na cidade vella pontevedresa, que abrirá o venres á tarde e terá como peche do primeiro día de festival e na recén inaugurada sé cultural de Caixanova, o concerto de tres artistas de nivel internacional: Leilía (Galiza), Barbod (Irán), Mohamed El Sayed (Exípto)

O Centro Galego de Música Popular deseñou este festival DUF, verba de orixe árabe -presente xa nas cantigas medievais- da que derivou adufe, nome co que tamén se denomina ao pandeiro. DUF vai dirixido a todos os públicos sen descoidar a programación de actividades para investigadores e músicos -master class, exposición do adufe histórico de Perfecto Feijoo, presentación edición monográfica de Etnofolk sobre os pandeiros de mao...

DUF remarca o carácter internacional do Encontro dirixíndose á tradición musical árabe, pobo que introduciu na Península os pandeiros de mao, os instrumentos máis populares en Galiza dos últimos mil anos. A presenza da cultura árabe reflíctese non só nos artistas (de Irán e Exipto) que virán este ano, mais tamén por parte dos colectivos de inmigrantes asentados no noso país que mostrarán a súa cultura.

Quinta edición
O Encontro Internacional de Pandeiros de Mao chega a súa V edición. Consolidado como un referente no seu xénero posto que o seu concepto local é tamén exótico e universal, fixo que acadase grande repercusión en ámbitos especializados na crítica musical. Este festival é un evento particular entre o gran público que se achega a Pontevedra cada ano.

Nas primeiras edicións do Encontro contouse con figuras destacadas como Eliseo Parra (Castela), Xavier Leturia (Euskadi), Soltxu Rodríguez (Cantabria), Henrique Peón ou Carlo Rizzo (Italia). Desde a primeira edición, o peche do encontro estivo representado polo Serán Urbano que reúne a tocadores de pandeiros de mao (pandeiras, pandeiretas) de toda Galiza enchendo as prazas de Pontevedra de cantos e bailes e congregando a un público numeroso.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: