Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CERTAME DE NARRATIVA

Carlos Reigosa gaña o Torrente Ballester cunha obra sobre a Transición

En A vida do outro o protagonista chega a unha decepción final con ese tempo e busca un regreso ás súas raíces.

Redacción - 13:40 11/11/2008

O xornalista lugués fíxose co Premio de Narrativa 'Torrente Ballester', convocado pola Deputación Provincial da Coruña. A obra gañadora, A vida do outro, é unha crónica xeracional sobre a Transición que relata a decepción final dunha persoa e o seu afastamento dunha vida profesional exitosa, nun intento de regresar ás súas raíces. Diego Doncel, con Socorro, fíxose co accésti do premio.

Carlos Reigosa
é autor dunha dunha longa lista de novelas, iniciadas en 1982 con Oxford, amén, e continuada con Crime en Compostela (1984), Premio Xerais de novela, O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2000), premio Benito Soto, Intramundi (2002) e Pepa A Loba (2006). Ten publicados relatos (Homes de tras da Corda, As pucharcas da lembranza) e reportaxes e ensaios, como Fuxidos de sona, Doutor Livingstone e O regreso dos maquis. En 1983 publicou as súas Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester.

O xurado, que concedeu o premio por unanimidade, estivo formado por Ángel Basanta, Rosario Canal, Amalia Iglesias, José Manuel Pacho Blanco (gañador da última edición), José Antonio Ponte Far, José Mª Pozuelo, e Mercedes de la Torre. Nas súas vinte edicións, este certame, que entrega un premio de 25 mil euros, recoñeceu a autores como Luisa Castro (2004), Xesús Constela (2003), Xosé Vázquez Pintor (2000), Xosé Carlos Caneiro (1996), Manuel Rivas (1995) ou Victor Freixanes (1992).


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: