Quico Cadaval, "Da leira ao cabaret", e de Domingo Blanco, "A literatura de transmisión oral"
Quico Cadaval (Ribeira 1960), actor, director e adaptador teatral. Participou recentemente en varias montaxes do CDG. Dirixiu Noite de Reis ou o que queirades (2007) de Shakespeare e encargouse da dramaturxia de Se o vello Simbad volvese ás illas (2008) de Cunqueiro. Foi o impulsor do movemento dos contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa. Hoxe é considerado un dos mellores creadores de espectáculos orais.
Domingo Blanco (Cariño, 1947), catedrático de Lingua e Literatura españolas. Ten diversas publicacións sobre a literatura de transmisión oral, como A poesía popular en Galicia 1992, Historia da literatura popular galega 1994 ou Literatura galega de tradición oral 2006.
Venres, 14 de novembro de 2008 ás 18:00
Edificio Josep Carner, Aula 2.2
Facultade de Filologia, Universitat de Barcelona
Carrer Aribau 2 - 08007 Barcelona