Os equipos de rescate levan horas traballando entre a escombreira deste colexio de Puerto Príncipe, capital haitiana. Non se confirmaron aínda as causas da traxedia.
Descoñécese aínda cal é o motivo exacto desta catástrofe acontecida no país máis pobre da zona. Con todo, debido a que a existencia de construcións fráxiles é común, neste caso apúntase a que sun esboroamento de terra puidese estar na orixe do derrubamento do inmoble.
A posibilidade de que profesores e alumnos estean con vida atrapados entre os restos do edificio. O departamento haitiano de protección civil informou de que hai contabilizados 124 feridos, vinte deles en estado moi grave.
Poden ampliar na BBC.